Ante todo agradecer a Daniel esta excelente aportación a mi
miniproyecto de minipágina de miniayudas ;)
En ella explica cómo instalar mldonkey, un cliente p2p para
linux.
Como instalar mldonkey
De:
Daniel Díaz De La Iglesia
<danieldiazdelaiglesia AT-RROBA iespanaNOSPAM PUNTO es>
Para:
David Garabana Barro <david
AT-RROBA enredoNOSPAM PUNTO net>
Fecha:
Tue, 21 Jan 2003 12:54:26 +0100
Mensaje firmado por Daniel
Díaz De La Iglesia <danieldiazdelaiglesia AT-RROBA
iespanaNOSPAM PUNTO es>
La firma es válida y la clave
es de confianza absoluta.
(aqui podemos ver GPG en acción :)
Espero que che valga, ireino
mellorando pouco a pouco para asi ter unha boa
documentacion.
---------------------------------------------------
Versión: 0.2
Data: 21/01/2003
Autor: Daniel Díaz De La Iglesia
---------------------------------------------------
INDICE
1 - Redireccionar os portos
2 - Conseguir a aplicacion
3 - Primeiros pasos: Executar o
demonio mldonkey
4 - Modos de conexion con mldonkey
5 - Arrancar mldonkey no proceso de
inicio do noso S.O.
6 - Configuracions a maiores
7 - Plug-ins
8 - Trucos
¿Que é mldonkey?
Mldonkey é un cliente pra acceder á rede eDonkey. Foi
escrito en ocaml ( linguaxe funcional ) e podese accder a el mediante
unha interface gráfica que trae, via web, ou a traves de telnet.
Como instalar mldonkey
-------------------------------------
1-Redirección de puertos
--------------------------------------
No caso de non usar unha ip publica, e encontrarse detras dun router,
é necesario facer napt, os portos a redireccionar son:
tcp 4662
tcp 4663
tcp 4665
udp 4672
udp 1758
udp 1788
2 - Baixar e descomprimir a
aplicación
--------------------------------------------------------
A sitio oficial da aplicación é
http://www.nongnu.org/mldonkey/ , ahi teras un enlace pra baixarte a
ultima versión da aplicación para a túa
máquina.
Eu baixeime os binarios, xa non tiven que compilar nada, cada un que se
baixe o que crea máis convinte.
No meu caso, baixeina en /opt, pois é ahi onde vou ter a
aplicación funcionando.
Unha vez baixada, descomprimea a ttraves dos descompresores habituais,
a versión que eu me baixei e .tar.bz2, asi que teras que facer:
#bzip2 -d mldonkeyXXXXX.tar.bz2
e logo
#tar xvf mldonkeyXXXXX.tar
Unha vez descomprimida, creara un directorio mldonkeyXXXXXXX
no meu caso, renomeino a mldonkey, para que quedase máis claro,
e independientemente de cada versión que me vaia baixando, o
directorio sera o mesmo.
#mv mldonkeyXXXXXXXXXXXXX mldonkey
Con isto, temos en /opt/mldonkey unha lista de arquivos, un deles
é o cliente que debemos executar:
Para que o cliente acepte conexións do interface grafico, via
web, etc, é necesario poñerlle un - como parametro de
opcións do executable, da seguinte forma
(Dentro de /opt/mldonkey)
#./mldonkey - & > /dev/null
Asi levantamos o demonio mldonkey, aceptando conexións de gui,
etc, arrancamolo en segundo plano , e as mensaxes que envie, iran a ese
dispositivo nulo.
4 - Como acceder a mldonkey
----------------------------------------------
4.1 - Via telnet
Podes acceder via telnet a mldonkey, sen máis que facer un
telnet a máquina onde esta e ó porto 4000
#telnet localhost 4000
(No caso de estares no propio equipo)
Unha vez entres, con ? poderas listar todalas opcións que
permite via telnet.
4.2 - Via web:
Usando o teu navegador habitual, conectate a direccion onde esta
e ó porto 4080
url: http://localhost:4080
4.3 - A traves de interface grafico (
gui )
Ven con dous gui's, eu somentes probei un, que é o gui2 (
mldonkey_gui2 )
No meu caso, creei un acceso directo a este executable, e cada
vez que quero ver como vai baixando executoo.
O bo que ten o mldonkey, é que non teño por que ter
o gui levantado todo o tempo, tal como no caso do emule, ou o propio
edonkey pra windows, pois nestes, se pecho o interface grafico, estou
pechando á vez o cliente edonkey.
Co mldonkey, o cliente sigue traballando, e eu abro e pecho o gui cada
vez que necesite, con isto, uso menos recursos do sistema.
5 - Executar o cliente edonkey cando
arranca o equipo
-----------------------------------------------------------------------------------
No meu caso, cada vez que arranco o equipo, o mldonkey xa se pon en
marcha, asi non teño que andalo levantado cada vez que queira
usalo.
Para iso, creei un arquivo en /etc/init.d/ chamado mldonkey e nel fixen
un script de arranque do edonkey.
Logo, no nivel de execucion 2, que é o que arranca por defecto,
fixen un enlace á este script para que cando arrancase o equipo
arrancase o edonkey
# ln -s /etc/init.d/mldonkey /etc/rc2.d/S99mldonkey
Con iso en rc2.d creei ese enlace simbolico.
FIxen varios scripts, de menor a maior dificultade:
5.1 Script sinxelo de arranque
--------------------------------------------
Creei o ficheiro /etc/init.d/mldonkey co seguinte contido:
#Script pra arrancar o mldonkey
#Daniel Díaz De La Iglesia
#Actualizo o ficheiro servers.met
mv /opt/mldonkey/server.met
/opt/mldonkey/server.met.copia_de_seguridade
wget -c -r -nd --http-user=anonymous
--directory-prefix=/opt/mldonkey
http://ed2k.2x4u.de/so9wmwuw/min/server.met
# Arrancando mldonkey
# Defino o directorio onde esta o
mldonkey
directorio=/opt/mldonkey
#Posicionome nese directorio
pushd $directorio
#Executo o mldonkey
./mldonkey & > /dev/null
#------
Con este script, o que fago e baixarme unha actualizacións dos
servidores ós que se conecta o mldonkey cada vez que arranco o
equipo, e por se acaso, fago unha copia de seguridade da anterior.
Nestes momentos, non sei se a url de onde me baixaba as
actualizacións esta funcionando.Tedes que buscar por internet,
url's pra baixar as actualizacións.
5.2- Script mellorado de arranque e
parada
---------------------------------------------------------------
#!/bin/sh
#
# mldonkey :
Script que se encarga de levantar e parar o demonio
#
PATH=/usr/sbin:/root/bin:/usr/local/sbin:${PATH}
COLUMNS=9999
export PATH COLUMNS
program=mldonkey
case "$1" in
start)
# Arrancar demonio
echo -n "Arrancando mldonkey: "
cd /opt/mldonkey/
nohup ./mldonkey > /dev/null&
#exec setuidgid edonkey ./mldonkey /dev/null
echo done
;;
stop)
# Stop daemons.
echo -n "Parando mldonkey: "
kill `ps -aef | awk '/.\/mldonkey$/ { print $2}'`
echo done
;;
restart)
$0 stop
$0 start
;;
status)
pids=`ps -aef | awk '/.\/mldonkey$/ { print $2}'`
if test "$pids"
then
for p in $pids
do
echo "$programa (pid $p) esta executandose"
done
else
echo "$program esta parado"
fi
;;
*)
echo "Usar: mldonkey {start|stop|restart|status}"
exit 1
esac
exit 0
Con este, arranco o mldonkey como o usuario edonkey ( destinado so pra
eso, non pode facer inicio de sesión)
Este escript, o que me permite, é poder parar cando queira o
mldonkey, cousa que o primeiro non o facia.
6 - Configuracions a mairores
-------------------------------------------
Varios son os ficheiros de configuración, non listo as opcion,
posto que poden cambiar, e ademáis, estan comentadas e son
intuitivas:
downloads.ini : Son as opcions basicas
files.ini : Lista de ficheiros actualmente descargando
servers.ini : Lista dos servidores coñecidos pra toda-las
redes.
friends.ini : Lista dos teus amigos ( extremos ós que
podes ollar os seus ficheiros ) de toda-las redes.
7 - Plugins
--------------------------------------
O mldonkey, a parte de conectarse á rede de edonkey, pode
conectarse a moitas máis redes, activando e configurando os
plugins adecuadamente, pode conectarse con overnet, soulseek, limeware,
etc
Podes activar esto na propia configuración do mldonkey,
poñendo a true o plugin que desexes e configurando parametros
propios de cada rede.
8 - Trucos
-----------------------------------------------
8.1 - ¿Que facer cando che
desapareceu algun archivo que tiñas en downloads?
Accede via telnet/web e executa
recover_temp
desta maneira recuperarache eses arquivos perdidos.
8.2 - Migrar de edonkey/emule a
mldonkey
Vale, deches un gran paso, decides que queres usar Linux, vale, e agora
que fas coas descargas que tes do emule/edonkey?
Non pasa nada, non tes máis que executar via telnet/web :
import_temp /mnt/windows/emule/temp
E con eso colle os temp que tes na carpeta emule da particion de
windows que tes montada en /mnt
8.3 - Eliminar un arquivo baixado
Imaxina o caso no que rematas de baixar un arquivo, e decides cambialo
de ubicación, ben por que queres
grabalo, ben porque queres facer sitio pra máis arquivos que se
estan baixando, o mais seguro é que non
che permita borralo, pra iso, como nos pasos anteriores, tes que
acceder via telnet/web e executar:
close_fds
8.4 - Cancelar a subida a outros
usuarios
nu x
Con isto cancela o upload por x minutos.
Non podes anular polos minutos que ti queiras, se non durante un tempo,
mediante un sistema de créditos: Por
cada 5 minutos que esteas conectado, podes anular 1 minuto a subida,
cun máximo de 5 horas por dia.
8.5 - Actualizar a lista de servidores
----------------------------------------------------
Podes actualizar a lista de servidores baixandote un arquivo server.met
de Iternte.
Non tes máis que configuar en downloads.ini o seguinte
parámetro ( mldonkey parado !!!! ) :
web_infos = [
("server.met", 1,
"http://ocbmaurice.dyns.net/pl/slist.pl?download/server-best.met")]
O valor 1 indica que o actualice unha vez ó dia
A url é a que ti decidas, podes elexir a que queiras de :
http://www.emulespana.net/servermet.php
Arranca o mldonkey e listo pra funcionar!.
8.6 - Conectarse a servidores
concretos ( Idea e solución de Maeloc )
A idea consiste en eliminar tódolos servidores e deixar soamente
1-2 que saibamos que van estupendamente,
desta maneira, o mldonkey sosmente intentará conectarse
ós nosos servidores favoritos.
Paso 1: Configurar downloads.ini
------------------------------------------------
No ficheiro downloads.ini ( tes que ter parado o mldonkey pra poder
modificalo) tes que cambiar os seguintes
parámetros:
update_server_list=false
propagate_servers=false
No parametro web_infos, ponlle unha url non válida pra que cando
se intente conectar, non consiga baixarse
baixarse ese arquivo, por exemplo:
web_infos = [
("server.met", 1,
"http://-basura-ocbmaurice.dyns.net/pl/slist.pl?download/server-best.met")]
Paso 2: Borrar server*
--------------------------------
Logo, borraste todolos ficheiros que escomencen con server que
teñas na carpeta onde tes o mldonkey
(server.ini, ... )
Con iso, xa non terás ningun servidor e non intentará
baixalos
Paso 3: Introducir os servidores
----------------------------------------------
-Arranca agora de novo o demonio mldonkey.
-Arranca o gui ou o que uses pra operar co demonio.
-Engade os servidores que queres únicamente ter, para elo podes
obter os servidores de: http://ed2k.2x4u.de/list.html
Fin de mensaje firmado